héctor anllo is using 11870.com

tú también puedes tener tu agenda y opinar de los sitios que te gustan

date de alta o entra usando facebook
entrar usando facebook

you haven't saved this place

Aquapark

+34 696 96 10 15

43.18866 -8.470722

www.cerceda.es/aquapark/acuaparq.htm

saved by 4 people: there is one review

pequeno, pero divertido

non é a primeira vez que vou, e aínda así nunca me aburre

recomendable, se é posible, ir de luns a venres para evitar grandes colas nas atraccións máis 'atrevidas'. aínda así, a algunhas horas da tarde hai que agardar algúns minutos.

imprescindible levar crema en abundancia, e botala constantemente. as queimaduras están á orde do día tanto se a botas como se non.

o restaurante do parque prepara comidas en abundancia e a moi bo prezo, así que podedes evitar levar a comida da casa. [aforrades traballo e incluso cartos] iso si, nada máis chegar e antes de facervos cun sitio para tódolos vosos bártulos pedide a vosa comida para unha hora prudencial. así estará lista ;)

héctor anllo lo descubrió en September 2008

añadir comentario me gusta

ver más spare time park in Cerceda

you haven't saved this place

Hotel Campanile

+33 5 56 32 73 32

Avenue De La Prairie 33370 Martigues

Burdeos, France

www.campanile-bordeaux-est-artigues.fr/en/index.as...

saved by one person: there is one review

entre rústico e moderno

chegamos cinco minutos despois das once e todo estaba pechado. recibiunos un ordenador que facía de porteiro automático, entregando coma se dunha máquina expendedora se tratara as nosas chaves despois de introducir o número de reserva. tamén se pode coller unha habitación dende o trebello introducindo a tarxeta de crédito.

as habitacións son amplas, cun baño bastante grande e sen diferenciación entre o wc e o resto de mobiliario, que estando en francia é de agradecer.

para tecnoadictos, en tódalas habitacións hai conexión wifi e televisión con máis dunha ducia de canles.

chamoume a atención o pack de benvida, situado ao lado da porta, que consistía nunha selección de cafés e tes que se podían degustar grazas á 'cafeteira' eléctrica dispoñible no cuarto.

o almorzo faise no restaurante situado no complexo, xunto a recepción.

só unha rapaza loira entendía algo de castelán

importante a hora de chegada, antes das once, porque a partir desa hora só está dispoñible o porteiro automático. se se produce calquera problema, os 'xefes' teñen o seu cuarto xusto ao lado da entrada ;)

héctor anllo lo descubrió en September 2008

añadir comentario me gusta

ver más hotels in Burdeos

you haven't saved this place

Casa do Rouco

+34 982 51 13 33

43.3010713044356 -7.58657455444336

www.casadorouco.com

saved by 3 people: there are 3 reviews

Destaca polo seu comedor soterrado e a súa coidada carta

Destaca pola singularidade do seu comedor, soterrado baixo o xardín principal ao que se accede por unha porta ao lado da propia casa. Nel atópanse varias salas ideais para a celebración de banquetes. A máis novidosa pode ser a sala circular, con bancos na parede e mesas que se axustan ao recinto.

A carta é moi ampla, e tódolos produtos que puiden probar estaban boísimos. Destacar o marisco [croques, langostinos á prancha, mexillóns...] e as chuletiñas de cordeiro, que estaban especialmente boas.

Interesante para comidas familiares e para pasar unha fin de semana.

héctor anllo lo descubrió en August 2008

añadir comentario me gusta

ver más country and rural houses in Vilalba


latest services saved

subscribe to be updated if a new place is saved

héctor anllo's places and services on Google Earth

view all their places using Google Earth